• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaPublicacións  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Publicacións
Datas e datos para lembrar en pé de igualdade
10/05/2019    Máis publicacions
Unha das accións que recolle o IV Plan municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Vigo no eido da Educación en Igualdade é a elaboración e edición dun manual con perspectiva de xénero sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebran ao longo do curso escolar: Día da Muller, Día do Libro, Día do Medio Ambente, Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz, ..

Co obxecto de dar cumprimento a esta medida, no ano 2011 a Concellería de Igualdade editou o libro: “Datas e datos para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano”, elaborado por profesionais con ampla e recoñececida experiencia no eido da cultura de igualdade e do ensino. Así, as autoras son: Mercedes Oliveira Malvar, Esther Mato Méndez e Luisa Abad Abad.

Esta publicación recolle as doce datas conmemorativas que teñen que abordar os centros de ensino durante o curso escolar: Día da Paz, Día das Mulleres, Día do Consumo responsable, Día Mundial da Saúde, Día do Libro, Día da Libertade de Prensa, Día de Europa, Día das Letras Galegas, Día do Medio Ambiente, Día contra a violencia de xénero, Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia e Día dos Dereitos Humanos. O manual contén deste xeito 12 unidades didácticas como proposta de intervención con perspectiva de xénero para o alumnado de secundaria

Ademais do libro impreso, habilitouse un sitio web www.igualdadevigo.org/datasedatos no que están subidos en liña todos os contidos. Este sitio web dispón de múltiples e variados recursos multimedia: vídeos, contos, documentos, música, etc

Aínda que o principal destinatario deste material é o profesorado de educación secundaria, compartímolo co ánimo de que sexa de interese e de utilidade para profesionais doutros sectores como o de Animación Sociocultural, de Educación Social, de Saúde, de Traballo Social, etc.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100