• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaPublicacións  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Publicacións
Resumo do informe de avaliación do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo
05/05/2015    Máis publicacions
O IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Vigo é o documento de traballo que marcou as liña de actuación das políticas de igualdade do municipio dende o ano 2009 ata o 2014. Este documento foi aprobado por unanimidade polo Pleno da Corporación Municipal o día 25 de novembro de 2009.
O Plan está estruturado en 3 eixes estratéxicos que orientan o seu desenvolvemento a través de 5 áreas de intervención, das que se desprenden 5 obxectivos xerais e 104 medidas específicas, que teñen como finalidade promover as condicións básicas para acadar a plena participación das mulleres nos diversos ámbitos da vida.
Constitúe o instrumento que facilitou traballar e avanzar firme e continuadamente a favor da igualdade de oportunidades para as mulleres e homes de Vigo, feito que implicou a actuación sobre os principais obstáculos que impiden que dita igualdade sexa real e efectiva.

Unha vez rematado o seu período de vixencia, compre acometer a súa avaliación. Desde esta perspectiva, a avaliación permitirá unha retroalimentación respecto do realizado coa finalidade de mellorar a toma de decisións en futuras intervencións. Neste senso, a avaliación é un instrumento imprescindible para mellorar as políticas e intervencións sociais, facéndoas máis eficaces, eficientes, idóneas e pertinentes. Con este traballo preténdese avaliar o labor desenvolvido en relación coas políticas de Igualdade no Concello de Vigo para o período 2009/2014.
O presente informe plasma o resultado da avaliación externa realizada por Avalia Grupo de Coordinación sobre a execución e o desenvolvemento do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Vigo coa finalidade de que permita extraer unha aprendizaxe sobre o traballo realizado.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
RESUMO_IV_PLAN.pdf  988 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100