Novas
Convocatoria de actividades na Casa das Mulleres. Setembro 2020
04/09/2020
Máis novasA Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (Romil 20):
- OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL
- ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE
- OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS”
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: Ani Pérez Rodríguez.
Obxectivo:
Achegar o uso e manexo dunha cámara reflex, coa finalidade de lograr resultados optimizados das súas fotografías.
Fomentar a expresión artística e a autonomía creadora das participantes.
Contidos:
Partes dunha cámara
Obturador e diafragma
Modo manual e escenas
Retrato.
Fotografía nocturna e de paisaxe.
Ventaxa do flash.
Técnicas de improvisación.
Metodoloxía: Teórica e práctica. Realizaranse fotografías nas sesións, que se visionarán para corrixir posibles erros e mellorar a fotografía.
Temporalización:
Duración: 10 sesións. 25 horas.
Datas: martes, do 15 de setembro ata o 17 de novembro.
Horario: de 18:00 a 20:30h.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
Grupos reducidos con aforo limitado
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada e cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á covid-19
ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.
Obxectivos:
Crear un espazo para o debate, aprendizaxe, reflexión e intercambio de experiencias das participantes.
Promover unha comunicación libre de xuízos e prexuízos, onde as mulleres atoparán un clima de confianza no que poderán expresarse e comentar, desde o enfoque de xénero, temas de interese e actualidade, fomentando a súa participación social.
Propiciar a sororidade, tecendo redes de apoio e solidariedade entre as participantes.
Temporalización:
Duración: 14 sesións. 28 horas. Incorporación aberta durante o período de actividade.
Datas: xoves, do 17 de setembro ata o 17 de decembro.
Horario: de 18:00 a 20:30h.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
Grupos reducidos con aforo limitado
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada e cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á covid-19
OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos con coñecementos informáticos básicos.
Formadora: Uxía Cazorla Silva.
Obxectivo: proporcionar as habilidades básicas para o manexo de dispositivos dixitais e o acceso á administración electronica
Contidos:
Móbil, tablet e/ou portátil: uso básico de sistema operativo e de actualización do dispositivo; acceso a internet a través de wifi e/ou datos; aplicacións básicas como correo electrónico e whatsapp.
Administración electrónica: identidade dixital (alta, certificados dixitais); xestións administrativas electrónicas: sede electrónica de distintas administracións, carpeta cidadá, notificacións electrónicas, certificados electrónicos, etc
Temporalización:
Duración: 10 sesións. 20 horas.
Datas: luns, do 9 de novembro ata o 21 de decembro, agás 7 de decembro. Continúa o 11 de xaneiro ata 1 de febreiro de 2021
Horario: de 17:30 a 19:30h.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
Grupos reducidos con aforo limitado
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada e cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á covid-19
Proceso de inscrición:
Ficha de inscrición : ver documento adxunto en formato editable
Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
Presentación da Ficha de inscrición:
Con carácter preferente: enviar a ficha de inscrición asinada por vía telemática (casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org)
No caso que non sexa posible a vía telemática, contactar co teléfono 986 442 194 da Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30h, para solicitar cita de cara a entrega presencial da ficha de inscrición asinada.
Criterios de admisión nas actividades:
Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con grupos reducidos e aforo limitado e que as persoas inscritas aceptan cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á covid-19
Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia.
Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.
Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono/whatsapp
Protocolo Covid-19:
Pola seguridade das usuarias da Casa das Mulleres tense aplicado un protocolo en virtude do cal todas as participantes aceptan o uso correcto e permanente da máscara, a desinfección de mans, a medición de temperatura, o distanciamento de seguridade entre as participantes e a redución dos aforos.
Deberanse respectar as normas de funcionamento interno e as instrucións que lle transmita o persoal do centro.
Asemade, ao iniciar a actividade para a que se está inscrita asinarase unha declaración responsable en como nos 14 días previos non se padeceu sintomatoloxía que puidese ser compatible coa COVID-19, así como que non se estivo en contacto con ninguén con dita sintomatoloxía.