• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programa de actividades da Casa das Mulleres para o período:abril-xuño. Aberto prazo de inscrición
19/04/2024    Máis novas
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de abril ao mes de xuño de 2024.

. OBRADOIRO DE CANTO “CON VOZ PROPIA”
. OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS: TABLET E MÓBIL”
. OBRADOIRO "ASOCIACIONISMO FEMININO NAS REDES SOCIAIS"
. CURSO "FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DE OCIO E TEMPO DE LECER"
. CURSO "MULLER E SEXUALIDADE"

OBRADOIRO DE CANTO “CON VOZ PROPIA”

Destinado a: mulleres maiores de 18 anos ás que lles guste cantar. Non se precisa cantar “ben”.

Formadora: Cristal Méndez Queizán.

Obxectivos:

Fomentar a aserción e a propia estima (empoderamento).

Explorar e liberar os recursos expresivos da voz e do corpo.

Incrementar a conciencia e os coñecementos sobre o funcionamento da voz e da respiración para mellorar a voz e a saúde.

Recoñecer e valorar as posibilidades expresivas da voz propia e allea.

Recoñecer recursos persoais empregando o canto como medio.

Construír novas maneiras de relacionarnos, empregando o canto como medio.

Promover os valores de inclusión, integración e respecto da diversidade.

Descrición: empregando o canto de grupo e individual exploraremos a capacidade expresiva e emocional das nosas voces para recoñecernos e empoderarnos. Paralelamente aprenderanse unha serie de habilidades técnicas para mellorar e facer máis “forte” e “clara” a propia voz. Neste obradoiro o canto é un medio, non un obxectivo, polo que non é preciso “cantar ben” e basta coa intención de gozar xuntas a través do canto.

Contidos:

Habilidades de base (técnicas relativas á voz e ao canto): respiración e apoio diafragmático, control dos elementos do tracto vocal superior (padal brando, lingua, epiglote, control dos resoadores etc.) e educación da postura enfocada ao canto.

Habilidades expresivas: exploración corporal do son a través do movemento e a danza, improvisación e composición, canto e improvisación coral, canto e improvisación individual e escoita consciente e activa das nosas voces.

Metodoloxía: utilizaranse moitos recursos da Músico-Terapia e da Danza-Terapia adaptados ás necesidades individuais de todas as participantes. O noso método é participativo e inclusivo, favorecendo o benestar e a integración no grupo así como a creación dun “espazo seguro e protexido” para todas.

Temporalización:

Duración: 9 sesións. 18 horas.

Datas: os luns, do 29 de abril ata o 24 de xuño.

Horario: de 18:00 a 20:00.

Inscrición e participación na actividade:

Inscrición previa (ver proceso de inscrición).

Grupos con capacidade limitada



OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS: TABLET E MÓBIL”

Destinado a: mulleres maiores de 18 anos con coñecementos básicos en alfabetización dixital.

Formadora: Uxía Cazorla Silva.

Obxectivo: proporcionar as habilidades necesarias para o manexo de dispositivos dixitais móbiles (tablet e smartphone).

Contidos:

A) TABLET

- Mantemento e actualización do dispositivo móbil.

- Correo electrónico: Gmail.

- Identidade dixital (chave 365).

- Xestións administrativas electrónicas.

- Aplicacións de interese.

B) SMARTPHONE ANDROID

- Mantemento do dispositivo.

- Copias de seguridade.

- Eliminación de arquivos non desexados: memoria dispositivo.

- Aplicacións de interese: Google Maps, SERGAS, notas, calendario...

Temporalización:

Duración: 7 sesións. 14 horas.

Datas: os luns, do 6 de maio ata o 17 de xuño.

Horario: de 19:00 a 21:00.

Inscrición e participación na actividade:

Inscrición previa (ver proceso de inscrición)

Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada



OBRADOIRO “ASOCIACIONISMO FEMININO NAS REDES SOCIAIS”

Destinado a: mulleres integrantes dunha asociación de mulleres ou colectivo feminista.

Formadora: Uxía Cazorla Silva.

Obxectivo: capacitar ás asistentes das ferramentas dixitais necesarias para visibilizar o traballo realizado pola asociación de mulleres ou colectivo feminista ao que pertence.

Contidos:

- Xestión das redes sociais.

- Importancia de crear, estar presente e manter unha rede social.

- Facebook.

- Twitter.

- Instagram.

Temporalización:

Duración: 4 sesións. 8 horas.

Datas: os venres, do 24 de maio ata o 14 de xuño.

Horario: de 18:30 a 20:30.

Inscrición e participación na actividade:

Inscrición previa (ver proceso de inscrición)

Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada



CURSO: FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO DE LECER.

Destinado a: monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo de lecer.

Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades.

Obxectivo: incorporar a perspectiva de xénero no traballo cotián dentro dos eidos do tempo libre e de lecer.

Contidos:

Introdución á perspectiva de xénero. Consecuencias da socialización diferenciada. Conceptos básicos.

A transversalidade aplicada ao ámbito do tempo de lecer: a coeducación. Educar en igualdade: educación non sexista.

Elementos clave para a planificación coeducativa no tempo de lecer : a comunicación (linguaxe e imaxes), materiais didácticos, habilidades sociais.

Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista.

Metodoloxía e modalidade:

En liña, a parte teórica (20 horas) soportada sobre Google Classroom e Google Meet. Estas sesións consistirán na exposicións dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos…

Presencial, as sesións prácticas que supoñen unha carga lectiva de 5 horas levaranse a cabo na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) os días 21 de maio e 6 de xuño.

Calendario: os martes e os xoves do 7 de maio ao 6 de xuño de 18:00 a 20:30.

Acreditación: entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obtelo, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80 %.

Inscrición e participación na actividade:

Inscrición previa (ver proceso de inscrición. Ficha de inscrición específica).

Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.



CURSO “MULLER E SEXUALIDADE.”

Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.

Formadoras: María Montenegro e Débora Baz, sexólogas.

Obxectivos:

Abrir o concepto de sexualidade en todas as súas dimensións: identidade, relación, pracer.

Entender a erótica como o arte de sentir...

Cultivar a intimidade...

Recoñecer os ciclos vitais femininos.

Descrición: neste curso pretendese crear un laboratorio de arquitecturas sexuais efémeras, unha sala de espellos na que cada quen poida mirarse, sempre dende o persoal; porque cada unha, vive, recoñece e desfruta do seu xeito de ser sexuado dende o propio, o único e o diferente.

Contidos:

Concepto de sexualidade: máis que sexo, proceso de descubrimento.

O sensar, a pel e o corpo feminino como espazo de descubrimento.

Os ciclos vitais femininos: ciclo ovárico, menopausia.

Formato: presencial

Temporalización:

Duración: 12 horas en 6 sesións.

Datas: os martes, do 7 de maio ata o 11 de xuño.

Horario: de 18:00 a 20:00.

Inscrición e participación na actividade:

Inscrición previa (ver proceso de inscrición. Ficha de inscrición específica)

Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.

Proceso de inscrición:

Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (DESCARGAR, formato editable). O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo de lecer ten unha ficha específica (DESCARGAR, formato editable).

Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org

No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres de 17:30-21:30.


Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.

Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.

Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

Arquivos para descargar:

Cartel coa programación das actividades

Ficha de inscrición xeral (formato editable)

Ficha de inscrición específica para o Curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo de lecer. (formato editable).


ARQUIVOS ADXUNTOS:
CdM_11___Ficha_Inscricion_Abr24___Monitorado.pdf  342 KB
ficha_inscricion_para_actividades_Casa_das_Mulleres.pdf  365 KB
Programa_definitivo_Casa_das_Mulleres_abril_xuno_2024.pdf  300 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100